Eu, Diego Zozaya Irujo, notario do Ilustre Colexio de Galicia, con residencia en Corcubión, fago constar que Fernando Pedro Toba Cives e a súa esposa Magdalena Blandina Rodríguez Ozón, maiores de idade, casados, veciños de Cee (A Coruña), con domicilio no lugar de Codesos, s/n, CP 15270 e con DNI 32414966-P e 76349193-A, respectivamente.
Perante min, con data do 2 de xullo de 2014, iniciaron acta de notoriedade para o exceso de cabida do seguinte predio:
Rústico, predio número cento vinte (120) da concentración parcelaria da zona da Pereiriña, concello de Cee. Terreo dedicado a labradío, no sitio de Xurriras, que linda: norte, camiño; sur, Alianza Otero (121), hoxe, segundo catastro, Manuel Durán Díaz; leste, camiño e oeste, estrada. Ten una superficie de dez áreas con cincuenta e seis centiáreas (1.056 m2).
Inscrición. Está inscrita no Rexistro da Propiedade de Corcubión, no tomo 548, libro 76 de Cee, folio 172, predio número 9.369, inscrición 1ª.
Referencia catastral: 2907701MH8620N0001RZ.
Na realidade e segundo nova medición: 1.143,36 metros cadrados.
Calquera interesado, estremeiro ou non, poderá comparecer na Notaría de Corcubión, avenida da Constitución nº 5, durante o prazo de vinte días, para expoñer e xustificar calquera dereito sobre o dito predio.
Corcubión, 2 de xullo de 2014
Diego Zozaya Irujo
Notario