Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de agosto de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador e de reposición da legalidade COL/14/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 11 de xullo de 2014, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade a Alejandra Casanova Vigo, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Súa Fonte, O Ariño, Pantín, termo municipal de Valdoviño (A Coruña).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo, mediante esta cédula e, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2014

(Por substitución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística