Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 17 de setembro de 2014, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores OU-S-15/2014 e OU-S-16/2014, por infraccións leves en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (Boletín Oficial del Estado núm. 12, do 14 de xaneiro) notifícaselle á persoa que no anexo se relaciona a resolución dos expedientes sancionadores OU-S-15/2014 e OU-S-16/2014, do xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puideron efectuar.

A interesada poderá recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, Ourense.

Contra as ditas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, todo iso, sen prexuízo de que a interesada poida interpoñer calquera outro que estime oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, debendo aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constriximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (Diario Oficial de Galicia núm. 235, do 5 de decembro).

Ourense, 17 de setembro de 2014

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

– Expediente: OU-S-15/2014.

Titular sancionada: Mesón Hostal Ribeiro Claro, S.L.

Establecemento: Pensión Ribeiro.

Domicilio: avenida de Castela, 69.

Localidade: Verín.

Resolución: 28 de agosto de 2014.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: cento cincuenta (150) euros.

– Expediente: OU-S-16/2014.

Titular sancionada: Mesón Hostal Ribeiro Claro, S.L.

Establecemento: restaurante Ribeiro.

Domicilio: avenida de Castela, 69.

Localidade: Verín.

Resolución: 28 de agosto de 2014.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: cento cincuenta (150) euros.