A Orde do 24 de xullo de 2014 (DOG núm. 147, do 5 de agosto), establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral, no marco do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, en réxime de concorrencia competitiva.
No artigo 2 das bases da orde de convocatoria determínanse os beneficiarios e os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas das axudas correspondentes ao Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral, e no artigo 2 do anexo II da Orde do 2 de outubro concrétanse os requisitos para a modalidade B.
De acordo co establecido no artigo 6 da convocatoria, despois de estudadas as solicitudes publicáronse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as universidades tiveron un prazo de dez días para formularen reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades. Unha vez examinada a documentación, publicouse a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.
As solicitudes admitidas foron avaliadas por un equipo de avaliadores formado por expertos de fóra do Sistema universitario de Galicia (SUG), coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 4 do anexo II da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 5 do mesmo anexo.
O resultado desta avaliación achegóuselle á comisión de selección definida no artigo 7 da orde de convocatoria, a cal, na súa reunión do 17 de setembro de 2014, elaborou un informe para o órgano instrutor, de acordo cos criterios establecidos na orde de convocatoria e coa dispoñibilidade de recursos. A partir deste informe, a Secretaría Xeral de Universidades elaborou a proposta de concesión.
En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 8 das bases da convocatoria, e atendendo á proposta de concesión elevada pola Secretaría Xeral de Universidades,
RESOLVO:
Primeiro. Concederlles as axudas da modalidade B de apoio á etapa de formación posdoutoral para o ano 2014 ás universidades do SUG que contraten as persoas candidatas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no anexo I. A data de inicio dos contratos laborais establécese para o 1 de outubro de 2014.
Segundo. Todas as solicitudes que figuran no anexo I desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
Terceiro. As 9 axudas posdoutorais (modalidade B) concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución, segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 10 das bases da convocatoria no punto referido á modalidade B, no relativo ao libramento da subvención.
Programa |
Aplicación orzamentaria |
Universidade |
Número contratos |
Crédito (en euros) |
|||
2014 |
2015 |
2016 |
Total |
||||
Axudas posdoutorais 2013 modalidade B |
09.40.561B.444.0 |
UDC |
1 |
3.850,00 |
35.200,00 |
31.350,00 |
70.400,00 |
USC |
6 |
23.100,00 |
211.200,00 |
188.100,00 |
422.400,00 |
||
UVIGO |
2 |
7.700,00 |
70.400,00 |
62.700,00 |
140.800,00 |
||
Total |
9 |
34.650,00 |
316.800,00 |
282.150,00 |
633.600,00 |
Cuarto. O artigo 10 da orde de convocatoria establece que as universidades serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos, así como da presentación da xustificación ante a Secretaría Xeral de Universidades para o libramento das axudas.
Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.
Quinto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2014
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
Solicitudes concedidas
Universidade da Coruña.
Nº expediente |
Univ. |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
DNI |
Rama de coñecemento |
Área temática |
Puntuación |
ED481C 2014/9 |
UDC |
Martínez |
Abraín |
Alejandro |
*****037R |
Ciencias |
Bioloxía Vexetal, Animal e Ecoloxía |
83 |
Universidade de Santiago de Compostela.
Nº expediente |
Univ. |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
DNI |
Rama de coñecemento |
Área temática |
Puntuación |
ED481C 2014/3 |
USC |
Lema |
Márquez |
Margarita |
*****991P |
Ciencias |
Bioloxía Vexetal, Animal e Ecoloxía |
88 |
ED481C 2014/6 |
USC |
Miranda |
López |
José Manuel |
*****830V |
Ciencias |
Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos |
88 |
ED481C 2014/5 |
USC |
Arias |
Vázquez |
María Sol |
*****621L |
Ciencias da Saúde |
Gandaría e Pesca |
85,5 |
ED481C 2014/7 |
USC |
Rodríguez |
Lado |
Luis Manuel |
*****092K |
Ciencias |
Ciencias da Terra |
82 |
ED481C 2014/8 |
USC |
Tovar |
Carro |
Sulay |
*****445M |
Ciencias da Saúde |
Biomedicina |
82 |
ED481C 2014/4 |
USC |
Feás |
Sánchez |
Xesús |
*****204A |
Ciencias |
Química |
63 |
Universidade de Vigo.
Nº expediente |
Univ. |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
DNI |
Rama de coñecemento |
Área temática |
Puntuación |
ED481C 2014/1 |
UVIGO |
Galindo |
Dasilva |
Juan |
*****124P |
Ciencias |
Bioloxía Vexetal, Animal e Ecoloxía |
84 |
ED481C 2014/2 |
UVIGO |
Mohamed |
Falcón |
Kais Jacob |
*****909F |
Ciencias |
Ciencias da Terra |
77 |