Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2014/034).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente,17 baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: centro de seccionamento e manobra CS Santa Comba e interconexión coas liñas: Cerceda-A Silva/A Picota/Igrexario Santa Comba.

Situación: Cerceda.

Características técnicas:

– Centro de seccionamento que se instalará no interior dun edificio prefabricado de formigón tipo monobloque, que será o punto de manobra das liñas: LMT Cerceda-A Silva (expte. 2007/488) (apertura de liña); LMT A Picota (expte. 8.842), LMT Igrexario Santa Comba (expte. 51.977).

– Neste centro de seccionamento instalaranse cinco celas de media tensión, una cela de entrada para a liña Cerceda-A Silva, e tres celas de saída para as liñas Cerceda-A Silva, A Picota e Igrexario Santa Comba, e unha cela de proteción con transformadores de tensión para a alimentación dos servizos auxiliares, todas elas con illamento e corte en SF6.

– Novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHA1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 kAl+H16), que terá o seu inicio no paso aéreo subterráneo que se efectuará no apoio existente nº 46, tipo C-2000/16 da LMT Cerceda-A Silva (expte. 2007/488) e final nunha das celas de liña que se instalará no CS Santa Comba proxectado, cunha lonxitude total da liña proxectada de 55 metros.

– Novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHA1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 kAl+H16), que terá o seu inicio nunha das celas de liña que se instalará no CS Santa Comba proxectado e finalizará no paso aéreo subterráneo que se realizará no apoio existente nº 46, tipo C-2000/16 da LMT Cerceda-A Silva, con conexión coa liña LMT Cerceda-A Silva (expte. 2007/488), cunha lonxitude total da liña proxectada de 55 metros.

– Novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHA1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 kAl+H16), que terá o seu inicio nunha das celas de liña que se instalará no CS Santa Comba proxectado e finalizará no paso aéreo subterráneo que se realizará no apoio existente nº 46, tipo C-2000/16 da LMT Cerceda-A Silva, con conexión coa liña LMT A Picota (expte. 8.842), cunha lonxitude total da liña proxectada de 55 metros.

– Novo tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHA1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 kAl+H16), que terá o seu inicio nunha das celas de liña que se instalará no CS Santa Comba proxectado e finalizará no paso aéreo subterráneo que se realizará no apoio existente nº 47, tipo CHV-13/1600 da LMT Cerceda-A Silva, con conexión coa liña LMT Igrexario Santa Comba (expte. 51.977), cunha lonxitude total da liña proxectada de 28 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 3 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña