Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42830

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 126/2014, do 18 de setembro, polo que se aproba o cambio de titularidade de varios treitos antigos das estradas autonómicas AC-102, AC-110 e AC-862 a prol do Concello de Cerdido.

A vixente Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, no punto primeiro da disposición transitoria primeira, dispón que os procedementos administrativos iniciados con anterioridade á entrada en vigor desta lei se rexerán polo disposto na normativa anterior, coa excepción dos procedementos sancionadores, aos cales será aplicable a norma máis favorable para as presuntas persoas infractoras.

Segundo o previsto no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei dispón no artigo 54, en consonancia co artigo único do Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, que as estradas autonómicas ou provinciais ou treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas, se entregarán aos respectivos concellos. O expediente promoverase por proposta do concello ou da administración titular da estrada e será resolto polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, logo de informe de ambos os organismos.

O Concello de Cerdido solicitou a transferencia de titularidade dos seguintes treitos antigos de estradas:

1. Estrada AC-102 As Felgosas (AC-862)-Esteiro (AC-566):

– P.q. 0+570 ao p.q. 0+700 ME.

– P.q. 0+810 ao p.q. 0+880 ME.

– P.q. 1+090 ao p.q. 1+160 ME.

– P.q. 1+700 ao p.q. 1+780 ME.

– P.q. 2+100 ao p.q. 2+300 MD.

– P.q. 5+540 ao p.q. 5+840 ME.

– P.q. 6+140 ao límite concello MD.

2. Estrada AC-110 As Felgosas-Espiñaredo:

– P.q. 0+495 ao p.q. 0+850 ME.

– P.q. 4+930 ao p.q. 5+340 ME.

3. Estrada AC-862 Ferrol-límite da provincia:

AC-135 AC-862-Ponte Barbelas-AC-862 Lonxitude 1.010 m.

Ao abeiro das previsións legais, a Área de Planificación e Programación dependente da Axencia Galega de Infraestruturas emite informe favorable ao cambio de titularidade duns treitos antigos das estradas autonómicas AC-102 As Felgosas (AC-862)-Esteiro (AC-566), AC-110 As Felgosas-Espiñaredo, AC-862 Ferrol-límite da provincia, en prol do Concello de Cerdido.

Polo exposto, consonte o previsto na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, logo do acordo entre as administracións afectadas, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de setembro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade a prol do Concello de Cerdido dos seguintes treitos antigos de estradas:

1. Estrada AC-102 As Felgosas (AC-862)-Esteiro (AC-566):

– P.q. 0+570 ao p.q. 0+700 ME.

– P.q. 0+810 ao p.q. 0+880 ME.

– P.q. 1+090 ao p.q. 1+160 ME.

– P.q. 1+700 ao p.q. 1+780 ME.

– P.q. 2+100 ao p.q. 2+300 MD.

– P.q. 5+540 ao p.q. 5+840 ME.

– P.q. 6+140 ao límite concello MD.

2. Estrada AC-110 As Felgosas-Espiñaredo:

– P.q. 0+495 ao p.q. 0+850 ME.

– P.q. 4+930 ao p.q. 5+340 ME.

3. Estrada AC-862 Ferrol-límite da provincia:

AC-135 AC-862-Ponte Barbelas-AC-862 Lonxitude 1.010 m.

Artigo 2

En aplicación do artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, as entidades locais, no marco das súas competencias e de acordo cos correspondentes plans de estradas, aprobarán a relación de estradas da súa titularidade. De acordo co exposto, o Concello de Cerdido deberá incorporar ao seu plan de estradas as vías a que se refire este decreto.

Artigo 3

A entrega das vías formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponden ao Concello de Cerdido, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que poida corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de setembro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas