Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42740

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2014, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes.

Na sesión que tivo lugar o día 23 de setembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 37, do 24 de febreiro), modificada pola Orde do 19 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 61, do 28 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Excluír a opositora Lidia Fernández Couto por indicar na folla de exame o seu nome, apelidos e DNI, por aplicación do establecido na base III.8 da orde da convocatoria, que sinala: «o presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/as aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aqueles/as candidatos/as en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do/a opositor/a».

Segundo. Que de conformidade co establecido na base II.1.1.2 da orde da convocatoria, superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Terceiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/las aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. Segundo o disposto na base II.1.2.7 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na base III.1.13 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2014

Isidoro García López
Presidente do tribunal