Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42565

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2014 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no segundo cuadrimestre de 2014.

Para os efectos previstos no artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no segundo cuadrimestre do ano 2014 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título. Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Inega para a xestión das subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Obxecto. A xestión das subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, nos termos previstos na Resolución do 8 de maio de 2014, do director de Agader, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa e se anuncia a convocatoria para o ano 2014.

Sinatura: 9 de maio de 2014.

Importe: 0,00 €.

Nº: 2.

Título. Convenio de colaboración entre o Inega e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para apoio e asesoramento aos concellos en materia de subministración e comercialización de enerxía eléctrica, aforro enerxético e implantación de enerxías renovables.

Obxecto. Crear unha unidade de aforro eléctrico local e establecer as bases de colaboración entre o Inega e a Fegamp para o apoio e asesoramento aos concellos de Galicia en materia de subministración e comercialización de enerxía eléctrica, aforro e eficiencia enerxética, así como na implantación de proxectos de enerxías renovables nas instalación de titularidade municipal.

Sinatura: 19 de xuño de 2014.

Importe: 18.750 €.