Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42554

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Traballo e Benestar durante o segundo cuadrimestre do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO
Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2014

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe ( €)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades do Centro de Estudios Cooperativos (Cecoop).

Establecer as condicións pola que rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela a través do Centro de Estudios Cooperativos para a realización de actividades do devandito Centro de Estudios Cooperativos.

21.5.2014

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Fundación Cultural A Estrada para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012, do 15 de novembro.

2.5.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012, do 15 de novembro.

20.5.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Lugo para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012, do 15 de novembro.

25.5.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e os concellos de Xinzo de Limia, Muíños, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012, do 15 de novembro.

13.6.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e Equal, S. Coop. Galega para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012, do 15 de novembro.

30.6.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Confederación Empresarial de Ourense para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012, do 15 de novembro.

30.6.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012, do 15 de novembro.

30.7.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012, do 15 de novembro.

30.7.2014

Sen contido económico

Modificación e prórroga do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Deputación da Coruña para a continuidade da unidade de promoción e desenvolvemento (UPD).

Deseñar, planificar e executar un conxunto de medidas que estimulen a actividade económica da provincia desde a perspectiva da xeración de emprego, dentro dunha estratexia de apoio aos procesos de desenvolvemento dos concellos, en especial os de menores de 20.000 habitantes.

29.5.2014

97.360,00 €

Acordo de modificación do convenio de colaboración asinado o 19 de setembro de 2012 entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a acreditación da formación impartida polo concello no marco do proxecto Ourense Inserta cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Acreditación da formación impartida polo Concello de Ourense relativa a diversas especialidades vencelladas á obtención de novos certificados de profesionalidade.

3.7.2014

Sen contido económico

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Fundación Barrié e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (Cixug), en materia de fomento do emprego, mellora da orientación, do emprendemento e de execución de políticas activas.

Establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, o Cixug e a Fundación Barrié nas actividades de xestión de emprego e de execución de políticas activas.

18.6.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), para a realización do programa de atención a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e o mantemento da federación.

Financiamento do mantemento da federación e do programa de atención a persoas xordas:

1. Servizo de Atención a Persoas Xordas, Xordocegas e con Discapacidade Auditiva.

2. Servizo de Intérpretes de Lingua de Signos Española e Guías-Intérpretes (SILSE-GI).

3. Servizo Integral para Persoas Xordas, Xordocegas e Persoas con Discapacidade Auditiva.

2.5.2014

690.592,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), para o financiamento de programas de atención ambulatoria, de rehabilitación funcional e inserción social de persoas con dano cerebral adquirido e do mantemento da federación e das entidades federadas.

Financiamento do mantemento da federación e das súas entidades asociadas.

Programas de atención ambulatoria, de rehabilitación funcional e inserción social.

5.5.2014

167.714,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo da Comunidade Autónoma de Galicia (Autismo Galicia), para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias, en Galicia e para o mantemento da federación e das entidades federadas.

Financiamento do mantemento da federación e das súas entidades asociadas, e promoción da atención ás persoas con autismo:

– Representación institucional para a súa participación e visualización na sociedade.

– Desenvolvemento de publicacións divulgativas e formativas.

– Realización de eventos para a sensibilización, coñecemento, fomento de cohesión social.

– Programa de inclusión social destinado ás persoas con trastornos do espectro autista.

– Programa de apoio ás familias.

– Programa de lecer, tempo libre e campamentos.

6.5.2014

123.061,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (Federación Aspace Galicia), para o financiamento do programa de respiro familiar e do mantemento da entidade.

Financiamento do mantemento da federación e das súas entidades asociadas.

Servizos de apoio, asesoramento, respiro e accións de sensibilización e concienciación.

9.5.2014

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (Afaga), para o financiamento do proxecto Estimula-dom.

Financiamento do proxecto Estimula-dom, que ten por obxecto axudar as familias na planificación e organización dos coidados persoais dos enfermos de alzhéimer e outras demencias.

9.5.2014

25.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o centro asociado UNED-A Coruña para o financiamento do programa UNED Sénior.

Apoio ao programa UNED Sénior de oferta de estudos no sector da sociedade maior, no ámbito galego rural.

14.5.2014

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Pais en Favor das Persoas con Retraso Mental de Ourense (Aspanas) para financiamento dun servizo de atención ambulatoria permanente.

Financiamento do Servizo de Atención Ambulatoria Permanente (SAAP) que vai desenvolver a entidade no concello de Ourense e a súa contorna.

21.5.2014

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación Gallega de Organizaciones de Mayores (Cogama) para financiar a realización de actividades.

Financiar as actividades artísticas e culturais, socio-comunitarias de convivencia e de animación á lectura.

22.5.2014

18.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Parapléxicos e Grandes Minusválidos de Galicia (Aspaym), para o financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares residentes en Galicia.

Financiar o programa:

– Servizo de información, orientación e asesoramento.

– Servizo de transporte adaptado non cuberto por outros servizos.

– Servizo de apoio psicosocial ao novo lesionado medular.

– Titorías ao novo lesionado medular.

– Cursos de formación.

26.5.2014

35.827,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi de Galicia) para o mantemento da entidade.

Mantemento da entidade co fin de prestar servizos ás organizacións e entidades dedicadas á atención das persoas con discapacidade.

26.5.2014

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Autismo Ourense (Autismo Ourense), para o financiamento do mantemento da entidade.

Mantemento da entidade co fin de prestar ás persoas con TEA, entre outros, os servizos de valoración e diagnóstico, atención teperá, orientación pedagóxica e atención a adultos.

28.5.2014

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Cultural Gallega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) para o financiamento das aulas da terceira idade.

Financiamento das aulas da terceira idade de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Padrón, Ourense, Lugo, Monterroso, Vilalba e Vigo.

28.5.2014

60.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento do IV Ciclo universitario.

Facilitar a consolidación dos estudos do IV Ciclo universitario.

28.5.2014

25.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Vigo para o financiamento da Aula de formación aberta. Programa para maiores.

Aula de formación aberta. Programa para maiores.

28.5.014

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Gallega de Esclerosis Múltiple (Fegadem) para o financiamento dun programa de actividades en 2014.

Programa de divulgación sobre a esclerose múltiple e servizo de información, asesoramento e orientación.

11.6.2014

6.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Unión de Asociacións Provinciais UDP de Lugo para financiar o mantemento da entidade e a realización de actividades.

Mantemento da entidade.

Actividades formativas, culturais, participativas e recreativas.

13.6.2014

5.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade da Coruña para o financiamento da Universidade Sénior.

Financiamento da Universidade Sénior.

13.6.2014

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Esgos para a posta en funcionamento dun Centro de Día-Residencia.

Financiamento da ampliación, mellora, acondicionamento, reforma e equipamento dun centro de Día-Residencia no Concello de Esgos.

16.6.2014

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Profesor Novoa Santos, para o financiamento do programa de integración social de lesionados medulares residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Programa de integración social de lesionados medulares residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, completando a atención socio-sanitaria no CHUAC.

26.6.2014

21.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver un programa de asistencia odontolóxica ás persoas maiores
e/ou con discapacidade nas seguintes residencias públicas: Residencia de Maiores Torrente Ballester, Residencia de Maiores Nosa Señora dos Miragres, Residencia de Maiores de Marín.

O obxecto deste convenio é establecer a forma e condicións de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para un axeitado desenvolvemento dun programa de asistencia odontolóxica destinado ás persoas maiores e/ou con discapacidade ingresadas nos centros residenciais públicos.

4.8.2014

36.933,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra), para contribuír ao mantemento dos servizos que presta a través do Centro Residencial con Centro Ocupacional, de atención ás persoas con discapacidade da súa titularidad.

O obxecto deste convenio é a colaboración por parte da Consellería de Traballo e Benestar no desenvolvemento e mantemento das actividades de atención ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias, que a entidade Agasfra desenvolve a través dos centros dos que é titular.

18.8.2014

90.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Anade para o financiamento de actuacións desenvoltas con persoas con discapacidade.

Financiamento do programa creativo de obradoiros de teatro e escritura, para persoas con discapacidade.

29.8.2014

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña para o desenvolvemento do programa Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo.

Organización e realización do programa de avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo desenvolvido pola Unidad de Investigación en Intervención y Cuidado Familiar (UIICF) da Universidade da Coruña.

O programa inclúe o deseño e aplicación do tratamento terapéutico dos menores derivados polos equipos técnicos de Menores da Consellería de Traballo e Benestar, o seguimento e avaliación científica dos resultados e o asesoramento aos profesionais e coidadores dos menores que estean recibindo o tratamento.

6.5.2014

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega de Familias Numerosas para a colaboración na xestión do programa carné familiar galego.

Establece o marco da colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega de Familias Numerosas para a colaboración na xestión do programa carné familiar galego como recurso que beneficia as familias numerosas. Neste sentido, levaranse a cabo diferentes actuacións tendentes á consecución do dito obxectivo consistentes na captación de novas entidades colaboradoras co programa e na actualización da Guía de entidades colaboradoras.

28.5.2014

13.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e Cruz Vermella de Galicia para a execución do programa Familias acolledoras, dirixido ao acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo.

Desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do programa familias acolledoras, que ten como obxectivo xeral proporcionar unha atención temporal a aqueles menores en situación de risco, desamparo ou desprotección social, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

4.6.2014

300.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e Aldeas Infantiles SOS Galicia para a execución do programa de apoio ao acollemento en familia extensa.

Establece o marco de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e Aldeas Infantiles SOS Galicia para o desenvolvemento, na Comunidade Autónoma de Galicia, do programa de apoio ao acollemento en familia extensa mediante o cal se facilita o adecuado desenvolvemento da menor ou do menor acollido mediante a formación, orientación, asesoramento e apoio especializado ás familias e/ou aos ou ás menores.

25.6.2014

101.119,39 €

Acordo de prórroga 2014-2015 do Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega de Centros de Menores para o impulso e adopción da ferramenta informática Xeceme.

2ª prórroga do convenio de colaboración polo que se implanta a aplicación informática Xeceme nos centros de titularidade dos membros da asociación e tamén dos centros propios da Consellería de Traballo e Benestar.

Esta ferramenta ten por obxecto a mellora da xestión documental nos centros de menores.

30.6.2014

Sen contido económico

Addenda ao Convenio de colaboración asinado pola Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Meniños para desenvolver un programa de orientación e mediación familiar.

Ampliar o período de vixencia recollido na cláusula quinta do convenio asinado coa Fundación Meniños, ata o 30 de setembro de 2014, para dar continuidade ao desenvolvemento dun programa de orientación e mediación familiar a través do Servizo de Punto de Encontro na cidade da Coruña en tanto se tramita o expediente de contratación.

1.7.2014

25.091,75 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Traballo e Benestar, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial na cidade de Santiago de Compostela durante o ano 2014.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Traballo e Benestar, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial gratuíta en Santiago de Compostela, mediante a constitución dun equipo permanente de mediación composto por un psicólogo ou psicóloga e un avogado ou avogada (así como as respectivas persoas suplentes para supostos de incompatibilidade e incapacidade).

4.7.2014

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Traballo e Benestar, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Ourense para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial na cidade de Ourense durante o ano 2014.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Traballo e Benestar, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados de Ourense, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial gratuíta en Ourense, mediante a constitución dun equipo permanente de mediación composto por un psicólogo ou psicóloga e un avogado ou avogada (así como as respectivas persoas suplentes para supostos de incompatibilidade e incapacidade).

4.7.2014

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais.

Establece a colaboración entre as partes asinantes no desenvolvemento dun programa de formación, orientación e apoio ás familias monoparentais que, carentes de medios e recursos axeitados, precisan dun servizo asistencial para a normalización da súa convivencia, desenvolvido nun centro do que é titular a entidade asinante.

8.7.2014

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Inxuve para a adhesión ao programa de microcréditos durante o ano 2014.

Realización de actuacións de promoción e apoio á xuventude emprendedora e empresaria enmarcadas no desenvolvemento do programa de microcréditos asinado polo Injuve con Microbank.

13.5.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello da Laracha para a realización de dous campos de traballo.

Realización de dous campos de traballo, de temática ambiental e etnográfico-patrimonial, do 15 ao 29 de xullo e do 1 ao 15 de agosto de 2014, na conca do Bradoso e na conca do Acheiro, respectivamente, no concello da Laracha (A Coruña), para 20 voluntarios cada campo.

20.5.2014

13.904,80 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Eduardo Pondal, para a realización dun campo de traballo.

Realización dun campo de traballo de temática etnográfico-cultural, do 5 ao 19 de agosto de 2014, no concello de Ponteceso (A Coruña), para 20 voluntarios.

20.5.2014

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Nais e Pais de Alumnos Pía da Casca do CEIP As Mercedes.

Utilización das instalacións do comedor e do salón de actos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2014/15.

13.6.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Escuelas Familiares Agrarias (EFA) de Galicia para o desenvolvemento do proxecto Aval Xóvenes.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración no proxecto Aval Xóvenes aprobado polo convenio de subvención VS/2013/0216 da DXEAI da Comisión Europea.

3.7.2014

79.920,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación para o Desenvolvemento dos Territorios polos Actores Locais (Adterra) para o desenvolvemento do proxecto Aval Xóvenes.

Establecer as condicións polas que rexerá a colaboración no proxecto Aval Xóvenes aprobado polo convenio de subvención VS/2013/0216 da DXEAI da Comisión Europea.

3.7.2014

25.200,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local (Afiprodel) para o desenvolvemento do proxecto Aval Xóvenes.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración no proxecto Aval Xóvenes aprobado polo convenio de subvención VS/2013/0216 da DXEAI da Comisión Europea.

3.7.2014

3.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Empresarias do Rural (Aser) para o desenvolvemento do proxecto Aval Xóvenes.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración no proxecto Aval Xóvenes aprobado polo convenio de subvención VS/2013/0216 da DXEAI da Comisión Europea.

3.7.2014

3.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) para o desenvolvemento do proxecto Aval Xóvenes.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración no proxecto Aval Xóvenes aprobado polo convenio de subvención VS/2013/0216 da DXEAI da Comisión Europea.

3.7.2014

3.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Delegación da Coruña de Séniors Españoles (Secot) para a cooperación técnica para o desenvolvemento do proxecto Aval Xóvenes.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración no proxecto Aval Xóvenes aprobado polo convenio de subvención VS/2013/0216 da DXEAI da Comisión Europea.

3.7.2014

3.000,00 €