Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42546

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se amplía o prazo de solicitude para participar no Plan Proxecta conforme o establecido na Resolución do 20 de maio de 2014 pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2014/15.

Por esta resolución amplíase ata o 15 de outubro de 2014, inclusive, o prazo de solicitude establecido no artigo 8.4 da Resolución de 20 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso escolar 2014/15.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2014

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa