Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Rodeiro (expediente IN407A 2014/136-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Ganadería Diéguez Paz, S.C.

Domicilio social: lugar de Perros, s/n, A Portela, 36539 Rodeiro.

Denominación: LMTA e CT para unha granxa en Campelo (Coreixas).

Situación: Rodeiro.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 66 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-250-11 da LMT LAL811 Rodeiro e final no CT proxectado. Centro de transformación intemperie, de 50 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Campelo, Coreixas, Rodeiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 12 de agosto de 2014

P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial