Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2014 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de mantemento integral da instalación da iluminación exterior da Universidade de Vigo-Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra (expediente 307/14).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, Campus Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 307/14.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento integral da instalación de iluminación exterior da Universidade de Vigo (Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra).

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Campus de Vigo, Campus de Ourense e Campus de Pontevedra).

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Prazo de execución: un ano a partir do 1 de xaneiro de 2015, ou desde o día seguinte ao da sinatura do contrato se esta última data é posterior, prorrogable por outro ano máis. A prórroga formalizarase de mutuo acordo por ambas as partes antes de que remate o período de vixencia inicial dun ano.

e) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado del contrato: 110.000 €.

5. Orzamento base de licitación: 55.000 €. IVE a soportar 11.550 €.

6. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican respectivamente nos puntos 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio da Xerencia, Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n. Campus de Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, 2ª andar. Praza de Erasmo, s/n. Campus de Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade. Serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente: 1.300 euros.

Vigo, 18 de setembro de 2014

Por delegación (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo