Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42487

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre actividade de venda de vexetais, produtos cárnicos e alimentos conxelados na avenida de Pontevedra.

Congelados Pais, S.L., entidade representada por Juan Antonio Pais García, solicitou licenza municipal de actividade para venda de vexetais, produtos cárnicos e alimentos conxelados (epígrafe 647.1), que se instalará na avenida de Pontevedra, 57. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Actividades Clasificadas do concello, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 18 de setembro de 2014

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente