Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42421

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (234/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que, en virtude do acordado na execución de títulos xudiciais 234/2011, por instancia de María Rozas Rozas contra Puertas y Molduras Galicia, S.L., Portalko, Portais Especiales e Portas, S.L., Códiga Suministros Industriais da Construción, S.L.N.E., por un principal de 18.119,26 euros, máis 2.493,72 euros provisionalmente calculados para custas e xuros, se acordou por resolución do día da data sacar a pública poxa polo prazo de vinte días os bens embargados á parte executada Portalko, Portais Especiales e Portas, S.L., con CIF B70064068, que despois se indicará, e sinalar para a realización da poxa o día 20 de outubro de 2014 ás 10.30 horas, na planta primeira da oficina xudicial deste xulgado, sito na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, desta cidade de Santiago de Compostela, que se rexerá esta polas seguintes condicións:

a) Que os licitadores, con excepción do executante, para tomar parte na poxa deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, número de conta IBAN ES55 0049 3569 9200 05001274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0234 11), no Banco de Santander, o 5 % do valor do terreo para os efectos de poxa, e devolveranse as cantidades, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen na poxa, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consignar o resto do prezo. Así mesmo, deberase consignar no dito xustificante se, se é o caso, recibiu en todo ou en parte cantidades dun terceiro, e identificalo adecuadamente.

b) Que poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado desde o anuncio da poxa ata a súa realización, e farase o depósito a que se fixo mención anteriormente, cuxos sobres serán abertos ao inicio da poxa, e producirán os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

c) O executante só poderá tomar parte na poxa cando existan licitadores, e poderanse mellorar as ofertas que se fixesen sen necesidade de consignar ningunha cantidade.

d) Que poderán facerse ofertas superiores ao 70 % do valor do terreo para os efectos de poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

e) Para o caso de que se fagan ofertas que non superen polo menos o 50 % do valor de taxación ou aínda sendo inferior cubran, polo menos, a cantidade pola cal se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, resolverase sobre a aprobación do remate á vista das circunstancias do caso.

f) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiro.

g) A certificación rexistral e, de ser o caso, a titulación do inmoble ou inmobles que se poxan estarán de manifesto na oficina xudicial.

h) Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existan títulos.

i) As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ao crédito do demandante continuarán subsistentes e, polo só feito de participar na poxa, o licitador admíteos e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicar ao seu favor.

j) Non se pode facer constar a situación posesoria do inmoble.

k) O presente edicto está exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado, outro publicarase no Diario Oficial de Galicia, así como se fixará no Concello de Padrón, e exhorto ao Xulgado de Padrón, onde ten o seu domicilio a empresa executada, e no portal de poxas xudiciais e electrónicas existente e dependente do Ministerio de Xustiza.

O presente edicto serviralles ademais, para os efectos de publicación, de notificación e citación para todos os efectos ás partes.

Ben obxecto de poxa:

Predio número 9.247, no folio 20 do libro 109 de Padrón, tomo 482 do arquivo, inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón. Rústica: predio de cincocentos corenta da concentración parcelaria da zona de Santa María de Cruces, Concello de Padrón. Predio destinado a prado, pasteiro e labradío no sitio de Molladiño, cunha superficie de corenta e nove áreas e setenta centiáreas, que linda: norte, camiño de concentración; sur, Manuela Trigo Díaz –541–; leste, Ramona Mariño Adanza –539–; e oeste, terreo excluído correspondente á antiga estrada A Coruña-Vigo. Con referencias catastrais 002500200NH23H0001KX e 15066B503005400000FK.

Valor para poxa: 156.180,00 euros.

As dúas cargas anteriores están extinguidas ou non existe ningún crédito garantido, segundo informan as entidades financeiras no día da data.

E en cumprimento do acordado expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2014

A secretaria xudicial