Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42420

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (282/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 282/2012 por instancia de Miguel Ángel García Trigo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Asepeyo, CTM Montajes, S.L., sobre seguridade social, nos cales se ditou sentenza con data 23.7.2014, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que se desestímase a demanda interposta por Miguel Ángel García Trigo fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Asepeyo e a empresa CTM Montajes, S.L., e absolvo as citadas entidades ou empresas das pretensións fronte a eles dirixidas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa CTM Montajes, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de setembro de 2014

A secretaria xudicial