Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Produtos de Galicia: a calidade como valor de referencia para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos de alimentación, con dous lotes (expediente 11/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: a contratación da creatividade, deseño, produción de materiais e a inserción de publicidade en diversos medios e soportes dunha campaña divulgativa, co principal foco en Galicia e unha porcentaxe de investimento fóra de Galicia, para a promoción dos produtos galegos.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20160

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 20 de marzo, BOE do 26 de marzo e Diario Oficial de Galicia nº 57, do 24 de marzo de 2014.

e) División por lotes e número: si.

• Lote 1: creatividade, deseño e produción das pezas necesarias.

• Lote 2: estratexia e plan de medios.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 826.421,50 €, IVE (21 %): 173.548,52 €. Importe total: 999.970,02 €.

Valor estimado: 826.421,50 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

• Lote 1: creatividade, deseño e produción das pezas necesarias.

a) Data da resolución de adxudicación: 26 de xuño de 2014.

b) Adxudicataria: G64 Comunicación, S.L.

c) Importe: 30.900 € (sen IVE).

IVE 21 %: 6.489 €.

Importe total: 37.389 €.

d) Data de formalización do contrato: 23 de xullo de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

• Lote 2: estratexia e plan de medios.

a) Data da resolución de adxudicación: 24 de xullo de 2014.

b) Adxudicataria: Media Planning Group, S.A.U.

c) Importe: 765.950,43 € (sen IVE).

IVE 21 %: 160.849,59 €.

Importe total: 926.800,02 €.

d) Data de formalización do contrato: 19 de agosto de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2014

Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar