Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (864/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que, por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de María Pilar Míguez Camino contra a Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, Asociación Profesional de Servicultores de Galicia, Asociación Comuni-K2, Social Media-21, Asociación Agraria de Jóvenes Agricutores de Galicia-Asaja Galicia, Asociación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural Galego, Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal, Asociación de Propietarios Rurales y Productores de Caza de Galicia, Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación Social Media, Consorcio Renasci, rexistrado co número PO 864/2012, se acordou citar a Asociación Comunika-K2, Social Media-21, Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación Social Media, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 9.12.2014 ás 11.25 e 11.30 horas para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Asociación Comunika-K2, Social Media-21, Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación Social Media, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2014

A secretaria xudicial