Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 10 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas nas reclamacións de responsabilidade patrimonial (expedientes RP/11/00458 e RP/12/00228).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas nas reclamacións de responsabilidade patrimonial, devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselle saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso, sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, poida presentar recurso de reposición, ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación.

Reclamante: José Antonio Franco García; expediente: RP/11/00458; tipo de resolución: desestimatoria.

Reclamante: Rafael Pérez Lizarriturri en representación de Roberto Prego Candame; expediente: RP/12/00228; tipo de resolución: desestimatoria.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas