Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 15 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial para o vertedoiro de residuos non perigosos de Camposa Gallosa, promovido por Recoge Galicia de Gestión, S.L., no concello de Cerceda (A Coruña). Autorización 2008/0266_AIA/IPPC_229, clave de expediente 2014-IPPC-M-71.

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Recoge Galicia de Gestión, S.L. Memoria técnico descritiva de instalación de planta de tratamento de lixiviados de vertedoiro de residuos non perigosos.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-M-71.

Peticionaria: Recoge Galicia de Gestión, S.L.

Domicilio social:

Estrada da Coruña-Fisterra, km 3, núm. 4.

15142 Arteixo (A Coruña).

Localización da instalación: lugar de Areosa. Parroquia de Queixas, no concello de Cerceda. Un punto de localización das instalacións é o definido polas coordenadas UTM (ED50): X: 543.434,89 m, Y: 4.776.182,90 m.

Actividade: vertedoiro de residuos non perigosos.

As modificacións consisten en:

– Instalación dunha planta de tratamento e depuración de lixiviados por ósmose inversa, cunha capacidade de tratamento de 20 m3/día.