Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42219

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

ANUNCIO da convocatoria de axudas de acción social para o persoal desta entidade para o exercicio 2014.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do 18 de xullo de 2014, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal, encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2014: axudas para a atención a discapacitados. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

P.S. (Artigo 8.3 da Lei 6/1985)
Xesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia