Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2014/96-1 e RL 2014/68-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro).

Expediente: RL 2014/96-1.

Acta inf.: I152014000023563.

Empresa: Ikis & Victoria, S.L.

NIF: B70257233.

Enderezo: rúa Cidade de Lugo 11, 15004 A Coruña.

Materia: traballo (falta de organización preventiva e discriminación desfavorable en materia de condicións de traballo).

Normativa infrinxida: artigos 26 e 30 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigos 4, 19 e 45.4.d) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; e artigo 8 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo.

Tipificación: artigo 8.12 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 11.8.2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Ikis & Victoria, S.L. unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

Expediente: RL 2014/68-1.

Acta inf.: I152014000019523 (I-II).

Empresa (I): Souto Instalaciones y Servicios Coruña, S.L. NIF: B70364518 e con enderezo na travesía de Arteixo 110, 1º A, 15142 Arteixo.

Empresa (II): Andamios Souto, S.L. NIF: B70153747, e con enderezo en avenida Nostián 8-Monte Rabadeira, 15008 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene (falta de medidas de seguridade).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 4, 14.1, 15.1, 17.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigo 11.1.b) e anexo IV, parte C, puntos 3.a) e 3.b), do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, e conexión co previsto no Real decreto 1407/1992, do 20 de novembro, e Real decreto 773/1997, do 30 de maio.

Tipificación: artigos 5.2 e 12.16.f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Segundo o disposto no artigo 42.3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, apréciase responsabilidade solidaria da empresa Andamios Souto, S.L. (II).

Data da resolución: 17.7.2014.

Resolución: reducir a acta de infracción e impoñer á empresa Souto Instalaciones y Servicios Coruña, S.L. (I), solidariamente coa empresa Andamios Souto, S.L. (II), unha sanción por importe de quince mil euros (15.000 €).

A Coruña, 28 de agosto de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña