Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42037

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1032/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1032/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel del Valle Vázquez contra Esabe Vigilancia, S.A. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decisión.

1. Que estimando a demanda formulada por María Isabel del Valle Vázquez contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., condeno a esta a lle aboar a cantidade de 4.438,94 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

2. O Fogasa deberase ater á presente resolución nos termos do artigo 23.5 último parágrafo e 6 inciso primeiro da Lei da xurisdición social e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra esta resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, que deberá ser anunciado neste xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de setembro de 2014

O secretario xudicial