Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42048

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (219/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 219/2014 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Josefa Mercedes Míguez Viaño contra Limpiezas Martínez (Martín Martínez Rafael) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decido.

1º. Estimo a acción sobre resolución de contrato formulada por Josefa Mercedes Míguez Viaño fronte a Martín Martínez Rafael (Limpiezas Martínez) e, en consecuencia, acordo, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre a demandante e a empresa demandada, por causas imputables a ela, condenando a empresa demandada a que lle aboe á demandante 9.460,54 euros, en concepto de indemnización.

2º. Estimo, así mesmo, a acción de reclamación de cantidade exercida e condeno a citada empresa demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 6.830 euros, polos conceptos que constan no relato de feitos probados, incrementados coa cantidade de 75,66 euros como xuros moratorios reclamados.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en (Banesto 0030.1846) a nome deste xulgado, co núm. 1533.0000.36.00219.14, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co núm. 1533.0000.60.0219.14, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por tal cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Martínez (Martín Martínez Rafael), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de setembro de 2014

O secretario xudicial