Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 9 de setembro de 2014 sobre notificación de resolución de aceptación de reintegro e peche do expediente.

Mediante o presente anuncio, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, logo de ser intentada sen éxito a notificación a Herdeiros de Álvaro Rodríguez (NIF E94000726) nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que o 1 de xullo de 2014 se resolveu o seguinte:

Aceptar o reintegro da axuda ingresada por Herdeiros de Álvaro Rodríguez, no expediente de subvención nº V-00336-MR362-A por importe de 59,09 euros, declarar a perda do dereito ao cobramento dos restantes 19,70 euros e arquivar o dito expediente.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, a entidade interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; contados ambos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que estime pertinente.

O expediente encóntrase, en todo caso, a disposición do/a interesado/a no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria