Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2014, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, pola que se fai pública a formalización do procedemento negociado para a prestación de servizos de asistencia sanitaria especializada aos beneficiarios da Seguridade Social protexidos polo Servizo Galego de Saúde, que realizará o Hospital Povisa, S.A. (expediente NB-SER4-14-002).

Expediente: NB-SER4-14-002.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: NB-SER4-14-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: contratación para a prestación de servizos de asistencia sanitaria especializada aos beneficiarios da Seguridade Social protexidos polo Servizo Galego de Saúde.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 600.480.000 € (sen IVE).

5. Formalización do concerto.

a) Data de adxudicación: 29 de agosto de 2014.

b) Data de formalización do concerto: 1 de setembro de 2014.

c) Empresa adxudicataria: Hospital Povisa, S.A.

d) Importe de adxudicación: 600.480.000 € (sen IVE).

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

Mª Nieves Domínguez González
Xerente do Servizo Galego de Saúde