Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 12 de setembro de 2014 pola que se notifica trámite de audiencia en relación coa tramitación de recursos de alzada interpostos contra resolucións dos servizos de infraestruturas das delegacións desta axencia, en materia de expropiación forzosa, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, tentadas as notificacións do trámite, non se puideron efectuar (expediente E/4/10).

As unidades dependentes da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas tramitan os recursos de alzada interpostos polas persoas que se indican no anexo contra as resolucións ditadas no seu día polos servizos de infraestruturas das actuais delegacións desta axencia nas provincias que tamén se sinalan.

Unha vez intentada a notificación persoal do trámite de audiencia ás persoas interesadas nos casos que se indican no anexo, non se puido efectuar, de maneira que segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse para seren notificadas do dito trámite.

Poden examinar o expediente mediante comparecencia que deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa desta Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da delegación da axencia na provincia correspondente.

Unha vez cumprido o prazo e realizado o trámite sinalado, tendo en conta que disporá dun prazo de quince días para formular, de ser o caso, alegacións, continuarase coa tramitación do recurso como corresponda, ata que se dite a correspondente resolución.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente/recurso: E/4/10. Recorrente: María del Carmen Borrego Fernández.

Persoa interesada: Mª Antonia Carrasco Borrego e Mª José Carrasco Borrego.

Último enderezo coñecido: A Coruña.

Materia do recurso: titularidade.

Estrada/obra, predio: AC-230, treito Montesalgueiro-Curtis.

Provincia: A Coruña.