Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2014 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, dun servizo para o deseño, elaboración e difusión dunha campaña de publicidade 2014 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 (expediente 25/2014), procedemento cofinanciado pola Unión Europea, fondos Feader, nun 75 %.

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: deseño, elaboración e difusión dunha campaña de publicidade dirixida á sociedade galega para informar respecto das oportunidades que ofrece o Programa de desenvolvemento rural de Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: comezará o día seguinte ao da sinatura do contrato ata o 15 de decembro de 2014.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79341000-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, documentalmente simplificado e aberto.

Criterios de adxudicación: aspectos cualitativos e cuantitativos, recollidos na letra N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 185.672,72 €, IVE (21 %): 38.991,27 €. Importe total: 224.663,99 €.

Valor estimado: 185.672,72 €.

5. Financiamento: fondos Feader nun 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: segundo o indicado na letra H da folla de especificacións.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K da carátula.

7. Garantía exixida. Definitiva: 9.283,64 € (5 % do orzamento de licitación, IVE excluído).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46 (consultas administrativas), 881 99 72 71 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21121

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo durante que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do noveno día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil de contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar