Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente ao expediente de contratación 22/2014, servizos de difusión da campaña publicitaria de sensibilización para a dinamización demográfica de Galicia.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos de difusión da campaña publicitaria de sensibilización para a dinamización demográfica de Galicia.

c) Tipo de fondo: fondos propios dos orzamentos da Consellería de Traballo e Benestar para a anualidade 2014.

3. Tramitación e procedemento: ordinario, aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: douscentos setenta e catro mil noventa e cinco euros con oitenta e sete céntimos (274.095,87 €), ao cal se lle engaden cincuenta e sete mil cincocentos sesenta euros con trece céntimos (57.560,13 €) que corresponden ao 21 % de IVE, o que supón un orzamento total de trescentos trinta e un mil seiscentos cincuenta e seis euros (331.656 €).

5. Adxudicación.

a) Data: 23 de xullo de 2014.

b) Contratista: Punto Norte, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos sesenta e tres mil cincocentos cincuenta e tres euros con setenta e dous céntimos (263.553,72 €), ao cal se lle engaden cincuenta e cinco mil trescentos corenta e seis euros con vinte e oito céntimos (55.346,28 €) que corresponden ao 21 % de IVE, o que supón un orzamento total de trescentos dezaoito mil novecentos euros (318.900 €).

6. Formalización: 21 de agosto de 2014.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar