Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2013/163-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2013/163-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMTA polígono industrial A Tomada.

Situación: concello da Pobra do Caramiñal.

Características técnicas: liña de media tensión aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,091 km, con orixe en apoio nº 10 existente da LMTA. PMR 805 A Tomada (expediente 257/03), en condutor LA-110, e final en apoio tipo celosía proxectado C-18/4500 que se vai intercalar entre os apoios nº 10 e nº 11 da LMTA. PMR 805 A Tomada (expediente 257/03).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 1 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña