Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/103-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/103-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: cambio de sección LMTS EIR-709.

Situación: concello da Coruña

Características técnicas: tramo liña de media tensión subterránea EIR-709 a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,219 km, con orixe na cela de liña existente no CT Polígono Elviña, nº 10 (expediente 29.195) en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al) e final en cela de liña existente no CT Polígono Elviña, nº 14 (expediente 29.195).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 1 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña