Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 23 de setembro de 2014 Páx. 41981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación dun servizo de mellora de procesos asistenciais dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-11-espazos de innovación en servizos asistenciais, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-14-023).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 36 35.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-14-023.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mellora de procesos asistenciais dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-11-espazos de innovación en servizos asistenciais.

c) División por lotes: si/3.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución do contrato de cada lote será dun ano desde a súa formalización. O prazo de execución de cada proxecto dos comprendidos nos lotes 2 e 3 será de 6 meses desde a notificación ao director do proxecto do seu inicio.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72224000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Lote 1:

Concepto

Puntuación

– Criterios valorables de forma non automática

0-50

Modelo de xestión e dirección do proxecto para a colaboración co Servizo Galego de Saúde: seguimento, monitorización de proxectos, difusión, xestión de riscos, control de calidade e avaliación dos proxectos

0-30

Plan de formación dos equipamentos de innovación

0-20

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-50

Lotes 2 e 3:

Concepto

Puntuación

– Criterios valorables de forma non automática

0-50

Modelo de xestión e dirección do proxecto para a colaboración co Servizo Galego de Saúde

0-10

Estruturación clara e correcta da planificación e cronograma do proxecto, delimitando as fases do proxecto, incluíndo a definición de fitos e entregables

0-08

Plan de participación de recursos adecuados ás distintas fases do proxecto

0-07

Elaboración e desenvolvemento de metodoloxía de deseño de servizos desde a perspectiva do usuario

0-05

Elaboración e desenvolvemento de metodoloxía de deseño de servizos desde a perspectiva do profesional

0-05

Proposta de metodoloxías de mellora de procesos áxiles e achegas innovadoras que melloren os tempos de execución dos proxectos

0-05

Deseño dun modelo asistencial innovador que inclúa entregables vinculados a cada fase do proxecto (proformas de actas, formatos reunións seguimento, indicadores de control de procesos, formatos de presentación de fase basal do proxecto, de seguimento e presentación de resultados, formatos reutilizables de captura e xestión de datos do proceso)

0-05

Elaboración de cadro de mandos global de seguimento de proxectos, que deberá contar con definición de indicadores de control e forma de recollida destes

0-2,5

Elaboración e deseño dun marco conceptual para a avaliación da innovación sanitaria que posibilite a medición dos resultados dos proxectos de innovación

0-2,5

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Accións ou servizos que faciliten a implantación do proxecto

0-10

4. Valor estimado do contrato: 189.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 189.000 euros. Importe total: 228.690 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2 d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos