Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 23 de setembro de 2014 Páx. 41958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014104AL-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 8 de agosto de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014104AL-LU, incoado a Mª de los Ángeles Rodríguez López, titular do establecemento Restaurante Costumes do Mar.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Mª de los Ángeles Rodríguez López, titular do establecemento Restaurante Costumes do Mar, o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 26 de agosto de 2014

P.S. (Decreto 33/2014 da Consellería de Sanidade do 18 de marzo de 2014)
José Luis Fugarolas Villamarín
Xefe do Servizo de Control de Riscos Ambientais

ANEXO

Nº de expediente: 2014104AL-LU.

Interesada: Mª de los Ángeles Rodríguez López, titular do establecemento Restaurante Costumes do Mar.

NIF: 33538298C.

Último enderezo coñecido: rúa Trapero Pardo, 22, 27780 Foz (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigos 3, 5.1 e 5.4; punto 1 do capítulo I, punto 1.d e punto 1.f do capítulo II e punto 1.b do capítulo V do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE nº 139, do 30 de abril).

– Artigos 3.5, 10.1 e 10.2 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001).

– Artigos 50.1.e e 51.1, parágrafo 10, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: catrocentos euros (400,00 €).