Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 29 de agosto de 2014 polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Señoráns Rey, Jaime e Época, S.L., Edificaciones, Promociones y Caminos).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Departamento Central de Recadación da Axencia Tributaria de Galicia en aplicación do Real decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Departamento Central de Recadación da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na rúa Pastoriza, 8 , 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2014

Ulpiano L. Villanueva Rodríguez
Director da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Procedemento

Señoráns Rey, Jaime

35478670C

Avda. Juan Carlos I, nº 23, 1º

36600 Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

Época, S.L., Edificaciones, Promociones y Caminos

B36500916

Rúa Benito Corbal, nº 14, 8º A/B

Pontevedra

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo