Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 29 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dá publicidade ao inicio dos expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procédese a dar publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Consellería de Educación en Pontevedra:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes, ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na avenida Fernández Ladreda, número 43, Pontevedra.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditaría resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente».

Pontevedra, 29 de agosto de 2014

César A. Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Montserrat Esperón Torres.

NIF: 76829737P.

Importe: 2.296,00 euros.

Curso: 2012-2013.

Causa: 14.18.

Interesada: Iris Figueroa Corujeira.

NIF: 39457309G.

Importe: 2.040,00 euros.

Curso: 2012-2013.

Causa: 14.18.

Interesado: Eduardo Calviño Sánchez.

NIF: 44094570M.

Importe: 3.283,00 euros.

Curso: 2012-2013.

Causa: 14.18.

Interesado: Christian David Cortes Pinto.

NIF: 77547223D.

Importe: 2.040,00 euros.

Curso: 2012-2013.

Causa: 14.18.

Interesado: Agustín Ramón Cádiz Vila.

NIF: 78553190W.

Importe: 2.296,00 euros.

Curso: 2012-2013.

Causa: 14.16.

Interesada: Concepción Rodríguez Padín.

NIF: 35487237P.

Importe: 2.040,00 euros.

Curso: 2012-2013.

Causa: 14.16.

Interesado: Anthony Salguero González.

NIF: 35580463S.

Importe: 2.040,00 euros.

Curso: 2012-2013.

Causa: 14.16.

Interesado: Diego Maseiro Trigo.

NIF: 15491987S.

Importe: 2.705,00 euros.

Curso: 2010-2011.

Causa: 10.2.

Interesado: Iván Vicente Oubiña.

NIF: 35476849Q.

Importe: 3.558,00 euros.

Curso: 2011-2012.

Causa: 10.16.

Interesado: Adrián Alonso Puente.

NIF: 53819475G.

Importe: 408,00 euros.

Curso: 2011-2012.

Causa: 1.1.

Interesada: Ana Belén Mejía Jácome.

NIE: X6727120B.

Importe: 975,00 euros.

Curso: 2012-2013.

Causa: 7.26.

Interesada: Sara Falcón Gómez.

NIF: 35628379E.

Importe: 1.826,00 euros.

Curso: 2012-2013.

Causa: 7.10.

Interesado: Kevin Iglesias García.

NIF: 74378144P.

Importe: 1.426,00 euros.

Curso: 2012-2013.

Causa: 7.26.

Interesado: Ronny Antonio Cruz Reynoso.

NIE: X9093853K.

Importe: 484,00 euros.

Curso: 2011-2012.

Causa: 7.26.

Interesado: Adrián Cedeira García.

NIF: 78595520N.

Importe: 538,00 euros.

Curso: 2011-2012.

Causa: 7.26.

Interesado: Rolfi Rafael Cruz Reinoso.

NIE: X9093866B.

Importe: 560,00 euros.

Curso: 2011-2012.

Causa: 7.26.

Interesado: Joel AK Marin.

NIF: 35632575D.

Importe: 1.306,00 euros.

Curso: 2011-2012.

Causa: 7.26.