Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 10 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións de varias reclamacións eléctricas.

O xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra ditou as resolucións de reclamacións eléctricas que se relacionan no anexo.

Intentada a notificación das ditas resolucións, de conformidade co disposto no artigo 59.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula notifícaselles aos interesados o contido da resolución para que poidan ter coñecemento dela, segundo o disposto no artigo 59.5º da referida lei.

Advírteselles aos interesados de que, en cumprimento do artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, xa citada, poderán interpoñer contra a resolución ditada, que non esgota a vía administrativa, recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, desde a publicación desta cédula, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se estime oportuno.

Así mesmo, terán dereito a consultar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

Pontevedra, 10 de setembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de reclamacións resoltas no procedemento IN 635A

Nº expte.

Reclamante

Enderezo

Concello

Resolución

2013/268

Díaz Sánchez, María

Avenida Gran Vía, nº 162, baixo

Vigo

Estimación parcial

2014/64

Castro Comesaña, José

Barro, Centinela, Santa María de Oia, 1

Oia

Arquivo

2014/157

Varela Alonso, José Luís

Estrada de Mondariz, nº 20

Ponteareas

Desestimación