Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 22 de setembro de 2014 Páx. 41816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2014/27-2, 8163 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio Social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento provisional na rúa Calvo Sotelo.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

– LMTA illada trenzada con orixe nun paso aéreo a subterráneo situado nun apoio proxectado tipo HVH-12/2500 e final nun paso aéreo a subterráneo situado nun apoio proxectado tipo HVH-12/2500, cunha lonxitude de 46 metros en condutor tipo RS 12/20 3×150 mm2.

– LMTS na rúa Calvo Sotelo, con orixe na LMTS a CT Ponte Vella (27c841) e final na LMTS a CT Malecón (27SS22), cunha lonxitude de 176 metros en condutor RHZ1 12/20 kV 3×240 mm2.

– RBTS na rúa Calvo Sotelo, con orixe no CT Ponte Vella, cunha lonxitude de 316 metros en condutor tipo XZ1.

– LBTA na rúa Calvo Sotelo, con orixe na RBTS proxectada, cunha lonxitude de 60 metros en condutor tipo RZ.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 28 de agosto de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo