Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 19 de setembro de 2014 Páx. 41756

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de revogación do Concello de Castroverde da recadación das taxas de auga, lixo, rede de sumidoiros e canon da auga.

O Concello de Castroverde, no pleno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de maio de 2014, adoptou o acordo de revogar as competencias de xestión recadatoria en período voluntario, a partir do 1 de xaneiro de 2013, de:

– Taxa por abastecemento de auga.

– Taxa por recollida de lixo.

– Taxa por rede de sumidoiros.

– Canon da auga.

A citada revogación é aceptada pola Deputación Provincial de Lugo por Decreto da Presidencia número 1501 do 19 de xuño de 2014.

Lugo, 4 de agosto de 2014

P.D. (Decreto 2821/2011, do 15.7.2011)       P.S.
         Mª del Pilar García Porto         Manuel Castiñeira Castiñeira
Deputada delegada de Economía,    Secretario-interventor
        Recadación e Facenda