Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 19 de setembro de 2014 Páx. 41754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración sucesiva de aceite de oliva virxe, aceite de xirasol e ovo líquido pasteurizado, para esta xerencia (expediente MS-EIC1-14-007).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: MS-EIC1-14-007.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de aceite de oliva virxe, aceite de xirasol e ovo líquido pasteurizado para a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Lote (se é o caso): si (2).

d) CPA (referencia de nomenclatura): 10.41.23, 10.41.54, 10.89.12.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 15411200-4 e 3142500-3.

f) Acordo marco (se procede): si.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto 73.300,00 euros. Importe total 80.630,00 euros (incluído o 10 % de IVE).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28 de xullo de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 13 de agosto de 2014.

c) Contratista:

Mercash Sar, S.L.U. (lote 1).

Mercash Sar, S.L.U. (lote 2).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto lote 1: 30.588,00 euros. Importe total 33.646,80 euros (incluído o 10 % de IVE).

Importe neto lote 2: 29.600,00 euros. Importe total 32.560,00 euros (incluído o 10 % de IVE).

A Coruña, 18 de agosto de 2014

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña