Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 19 de setembro de 2014 Páx. 41681

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a do Servizo de Persoal de Xestión e Servizos para o Servizo Técnico Xurídico da Dirección de Recursos Humanos da dita xerencia, publicada o día 31 de xullo de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 144, do 31 de xullo).

Convocada pola Resolución do 30 de xuño de 2014 (DOG nº 144, do 31 de xullo), a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Persoal de Xestión e Servizos para o Servizo Técnico-Xurídico da Dirección de Recursos Humanos, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde,

DISPONE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Persoal de Xestión e Servizos para o Servizo Técnico-Xurídico da Dirección de Recursos Humanos convocado pola Resolución do 30 de xuño de 2014 (DOG nº 144, do 31 de xullo).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante seleccionado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución do Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto

Xefe do Servizo Técnico-Xurídico da Dirección de Recursos Humanos

Nome e apelidos

Javier Francisco Enríquez Morales

DNI

33228383F