Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 19 de setembro de 2014 Páx. 41710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración de vehículos mediante arrendamento (modalidade renting) para esta consellería.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 881 99 51 74.

5) Telefax: 881 99 93 26.

6) Correo electrónico: contratacion.cmati@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21136

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 19.00 horas do último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 26/2014 SXT.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de vehículos mediante arrendamento (modalidade renting) para a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

c) División por lotes e número: si.

– Lote 1: mínimo 10 todo terreo.

– Lote 2: mínimo 36 todo terreo tipo pick-up.

– Lote 3: mínimo 10 turismos.

d) Lugar de execución/entrega: a entrega dos vehículos por parte da empresa provedora realizarase nos lugares determinados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

e) Prazo de execución: catro (4) anos. Prazo de entrega: máximo sesenta (60) días.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura):

– Lote 1: 34113200-4.

– Lote 2: 34131000-4.

– Lote 3: 34111200-0.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 2.616.624,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.744.416,00 €. Importe total: 2.110.743,36 €.

A distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Garantías exixidas.

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE):

– Lote 1: 18.048,00 €.

– Lote 2: 67.392,00 €.

– Lote 3: 8.520,00 €.

7. Subcontratación: de acordo co establecido no punto 12 do prego de cláusulas administrativas particulares

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 6.6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas epígrafes J e K do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 22 de outubro de 2014, ás 19.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada no punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora de apertura dos sobres B e C.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12 de setembro de 2014.

13. Outras informacións: este contrato supón una redución económica do 6,4 % e unha minoración de vehículos do 8,2 % respecto do anterior contrato de renting de vehículos de 2008.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2014

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, de 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico de la Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas