Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41449

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2014 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 4 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos declarados municipios turísticos, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 19 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.460.0, crédito orzamentario 175.000 €, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 4 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos declarados municipios turísticos, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2014

Por ausencia (Artigo 19.6 Decreto 196/2012; DOG nº 193, do 9.10.2012)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO
Subvencións a concellos declarados municipios turísticos,
para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses
de xuño, xullo, agosto e setembro

Concello beneficiario

Descrición da actuación

Importe subvención

Mondoñedo

Contratación dun traballador 4 meses.

7.804,69

A Veiga

Contratación dun traballador 4 meses.

7.690,24

A Guarda

Contratación dun traballador 4 meses.

7.175,84

Betanzos

Contratación dun traballador 4 meses.

6.939,76

Tui

Contratación dun traballador 4 meses.

7.341,84

Miño

Contratación de dous traballadores 4 meses.

8.000,00

Ribeira

Contratación de dous traballadores 3 meses.

8.000,00

Ribadavia

Contratación de dous traballadores 4 meses.

7.998,80

Laxe

Contratación dun traballador 3 meses.

3.982,50

Quiroga

Contratación dun traballador 4 meses.

6.410,48

O Carballiño

Contratación de dous traballadores 4 meses.

7.999,75

Cambados

Contratación dun traballador 4 meses.

7.175,84

A Pobra do Caramiñal

Contratación dun traballador 3 meses.

6.144,33

Baiona

Contratación dun traballador 4 meses.

7.341,82

Fisterra

Contratación de dous traballadores 3 meses.

6.001,38

Ribadeo

Contratación dun traballador 4 meses.

7.495,90

Sarria

Contratación de dous traballadores 4 meses.

7.326,24

Foz

Contratación dun traballador 4 meses.

7.048,83

Cangas

Contratación dun traballador 3 meses.

5.948,43

Poio

Contratación dun traballador 4 meses.

7.825,56

O Grove

Contratación de dous traballadores 4 meses.

8.000,00

Cedeira

Contratación de dous traballadores; un 2 meses e outro1 mes.

7.209,00

Padrón

Contratación dun traballador 2 meses e medio.

5.830,69

Chantada

Contratación de dous traballadores 2 meses.

7.788,78

A Pobra de Trives

Contratación dun traballador 4 meses.

4.519,30

Total

175.000,00