Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41445

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2014 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao amparo da Resolución do 28 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 19 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0, crédito orzamentario 300.000 €, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO
Subvencións a concellos para apoio, promoción e difusión das festas
declaradas de interese turístico de Galicia

Concello beneficiario

Descrición da actuación

Importe subvención

Mondoñedo

Feiras e Festas da San Lucas

3.500,00 €

Riós

Festa da Castaña e do Cogumelo

3.500,00 €

Rairiz de Veiga

Romaría da Saínza 2014

3.500,00 €

Cervo

XXIII Festa do Ourizo

3.500,00 €

Cervo

Festa da Maruxaina

3.500,00 €

Cervo

XXXVI Queimada de Cervo

3.500,00 €

Oroso

XVIII Festa da Troita

3.500,00 €

Arnoia

XXXV Festa do Pemento

3.500,00 €

Laza

Entroido de Laza

3.500,00 €

A Cañiza

Festa-Feira do Xamón da Cañiza

3.500,00 €

Arbo

LIV Festa da Lamprea de Arbo

3.500,00 €

Barreiros

XXXIII Festival Folclórico Internacional do Emigrante

3.500,00 €

Ponte Caldelas

XLVIII Festa da Troita

3.500,00 €

Vilaboa

Entroido de Cobres

3.500,00 €

Ferrol

Festa das Pepitas de Ferrol

3.500,00 €

Folgoso do Courel

Festa da Castaña 2014

3.500,00 €

Vila de Cruces

XXI Festa gastronómica do Galo de Curral

3.500,00 €

Lugo

Arde Lucus 2014

3.500,00 €

O Pino

XV Festa do Galo Piñeiro e mostra cabalar

3.500,00 €

Quiroga

XIV Mostra do Aceite de Quiroga

3.500,00 €

Viana do Bolo

XLIV Festa da Androlla

3.500,00 €

Oímbra

XVII Feira do Pemento de Oímbra

3.500,00 €

Tui

Festas Patronais de San Telmo 2014

3.500,00 €

A Pobra do Caramiñal

Festas do Divino Nazareno

3.500,00 €

Mugardos

XXIV Festa do Polbo

3.500,00 €

San Cristovo de Cea

XXIII Festa de Exaltación do Pan de Cea

3.500,00 €

Boiro

Romaría de San Ramón de Bealo

3.500,00 €

Boqueixón

XXXI Festa da Filloa de Lestedo 2014

2.558,00 €

Arzúa

Festa do Queixo

3.500,00 €

Folgoso do Coaurel

Filandón XVII 2014

2.894,00€

Manzaneda

Entroido de Manzaneda. Folión de Manzaneda 2014

2.345,36 €

Foz

Festas Patronais de San Lourenzo

3.500,00 €

Cangas

Semana Santa 2014

3.365,00 €

Ribadavia

Feira do Viño do Ribeiro

3.500,00 €

Cambados

XIII Xornadas de Exaltación da Vieira de Cambados

3.500,00 €

Redondela

Festa do Choco 2014

3.025,00 €

Redondela

Festa do Corpus Christi 2014

3.500,00 €

Valga

Festa da Anguía e Mostra da Caña do País

3.500,00 €

Valga

Belén Artesanal en movemento

3.500,00 €

Moraña

XLV Festa do Carneiro ao Espeto

3.500,00 €

Vigo

Festas do Santísimo Cristo das Aflixidos de Bouzas

3.500,00 €

Ribeira

Festa Dorna

2.864,12 €

Silleda

Festa da Empanada de Bandeira

3.500,00 €

Chantada

Folión de Carros

3.500,00 €

Melide

Festa do Melindre e da Repostaría tradicional da terra de Melide

3.500,00 €

As Neves

Feira do Requeixo e do Mel das Neves

3.500,00 €

Sober

XXXIV Feira do Viño de Amandi

3.500,00 €

Soutomaior

Festa da Ostra de Arcade

3.500,00 €

Narón

Oenach Atlántico

3.500,00 €

Monterroso

Feira de Santos

3.000,00 €

Ares

Alfombras florais de Corpus Christi

1.000,00 €

Betanzos

Festas patronais de San Roque

3.500,00 €

Betanzos

Feira Franca Medieval 2014

3.500,00 €

A Estrada

XLI Festa do Salmón

3.500,00 €

Vimianzo

A Faguía de Carnés

3.500,00 €

Cabana de Bergantiños

San Fins do Castro

3.500,00 €

Lourenzá

XXIV Festa da Faba

3.500,00 €

Neda

Festa do Pan de Neda

3.500,00 €

Bande

Festa do Peixe

3.273,56 €

Padrón

Festa do Pemento de Herbón

3.496,90 €

Sada

Festas Patronais de San Roque

3.500,00 €

A Laracha

Romaría dos Miragres de Caión

3.500,00 €

Silleda

Romaría da Tortilla de Laro

3.500,00 €

Camariñas

Mostra do Encaixe de Camariñas

3.500,00 €

Moaña

San Martiño

3.500,00 €

A Guarda

XXIV Festa da langosta e da cociña mariñeira

3.500,00 €

Cuntis

Festa Gastronómica do Lacón con Grelos

3.500,00 €

Vilagarcía de Arousa

Festa da Ameixa de Carril

3.500,00 €

Cospeito

Festa da Filloa

916,89 €

Total

231.738,83 €