Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 16 de setembro de 2014 Páx. 41403

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de licitación do contrato de servizos de organización e desenvolvemento das escolas deportivas municipais.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello do Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría/Contratación.

c) Obtención de documentación e información: Secretaría/Contratación.

1) Dependencia: Secretaría/Contratación.

2) Domicilio: praza do Concello, núm. 2.

3) Localidade e código postal: O Barco de Valdeorras, 32300.

4) Teléfono: 988 32 02 02.

5) Telefax: 988 32 59 78.

6) Correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.concellodobarco.org

8) Data límite de obtención de documentación e información: a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: S/5/2014/PA.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: actividades deportivas definidas no prego de prescricións técnicas, correspondentes á categoría 26 do anexo II do TRLCSP.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución: Concello do Barco de Valdeorras.

1) Domicilio: o sinalado no punto 1.

2) Localidade e código postal: o sinalado no punto 1.

e) Prazo de execución do servizo/entrega: do 1.11.2014 ao 30.6.2016.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 92600000-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Oferta económica: ata 10 puntos.

Calidade da memoria técnica: ata 8 puntos.

Melloras: ata 2 puntos.

As melloras admitidas consisten na achega por parte da entidade adxudicataria de vestiario de equipamento deportivo para o desenvolvemento das actividades das escolas deportivas, de acordo co previsto nos pregos administrativo e técnico.

4. Valor estimado do contrato: 156.105,90 euros (calculado segundo o artigo 88.1 do Real decreto 3/2011, do 14 de novembro).

5. Orzamento base de licitación:

Prezo máximo de licitación: o prezo máximo de licitación será de 194,93 euros/grupo/mes
(161,10 euros máis 33,83 euros de IVE).

6. Garantías exixidas.

Provisional: non.

Definitiva (5 % do importe de adxudicación IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a establecida no PCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense, DOG ou no perfil de contratante do órgano de contratación.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Concello do Barco de Valdeorras.

2. Domicilio: o do punto 1.

3. Localidade e código postal: o do punto 1.

9. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: o do punto 1.

b) Localidade e código postal: o do punto 1.

c) Data e hora: no prazo máximo de dez días desde o remate do prazo de presentación de ofertas, anunciarase no perfil do contratante do concello.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do contratista adxudicatario ata 1.000 euros.

11. Forma e medio de consultar o prego administrativo e técnico: a través do perfil de contratante do concello na páxina www.concellodobarco.org

O Barco de Valdeorras, 10 de setembro de 2014

Alfredo García Rodríguez
Alcalde