Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 16 de setembro de 2014 Páx. 41406

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de declaración de caducidade do procedemento selectivo contido na convocatoria específica 01/2010.

Mediante este anuncio faise público que con data 4 de agosto de 2014 o alcalde en funcións, Antonio Alonso Román, ditou a resolución 1538/2014, de declaración de caducidade do procedemento selectivo contido na convocatoria específica 01/2010, relativa a dúas prazas de policía local (oferta de emprego público de 2010).

O texto íntegro da resolución pode consultarse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 152, do 5 de agosto de 2014.

O que se fai público para xeral coñecemento.

As Pontes de García Rodríguez, 12 de agosto de 2014

María Montserrat García Chavarría
Alcaldesa en funcións