Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 16 de setembro de 2014 Páx. 41341

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (163/2014).

Execución de títulos xudiciais 163/2014.

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 1116/2013.

Sobre despedimento.

Demandante: Emma María Casas Bernabeu.

Avogado: Andrés Malvar Pintos.

Demandados: Lando Albañilería, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Andrés Fernández Díaz, General de Subcontratas, S.L.

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 163/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emma María Casas Bernabeu contra Lando Albañilería, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Andrés Fernández Díaz e General de Subcontratas, S.L., sobre despedimento, ditouse auto o 12.8.2014 e auto aclaratorio o 26.8.2014, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto de 12.8.2014:

«Parte dispositiva.

Debo declarar e declaro extinguida a relación laboral existente entre Enma María Casas Bernabeu e Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L. e General de Subcontratas, S.L. a día de hoxe (12.8.2014) e, así mesmo, condeno solidariamente a Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L. e General de Subcontratas, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 35.639,03 euros, en concepto de indemnización, e a cantidade de 12.523,62 euros, en concepto de salarios de tramitación, calculados desde a data do despedimento (4.11.2013) ata a presente resolución (282 días), a razón de 44,41 euros diarios.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, xuíza maxistrada substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Parte dispositiva do auto de 26.8.2014:

«Parte dispositiva.

Que rectifico o erro de transcrición que contén a parte dispositiva do auto de 12.8.2014, a cal debe quedar redactada do seguinte xeito:

«Debo declarar e declaro extinguida a relación laboral existente entre Enma María Casas Bernabeu e Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L. e General de Subcontratas, S.L. a día de hoxe (12.8.2014) e, así mesmo, condeno solidariamente a Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L. e General de Subcontratas, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 46.432,65 euros, en concepto de indemnización, e a cantidade de 16.316,52 euros, en concepto de salarios de tramitación, calculados desde a data do despedimento (4.11.2013) ata a presente resolución (282 días), a razón de 57,86 euros diarios».

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, ben que poderá interpoñerse contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Landro Albañilería, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Andrés Fernández Díaz, General de Subcontratas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2014

A secretaria xudicial