Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014 pola que se anuncia a formalización do contrato do servizo de vixilancia do edificio sede da institución para o período que vai do 1 de xullo de 2014 ao 31 de decembro de 2015.

Para efectos de dar cumprimento ao preceptuado no artigo 154.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, anúnciase a formalización do contrato de referencia, coas características que se relacionan:

1. Entidade adxudicadora:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 14/29.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.ccontasgalicia.es/index.php/gl/contratacion

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: prestación, durante o período que vai do 1 de xullo de 2014 ao 31 de decembro de 2015, do servizo de vixilancia do edificio sede do Consello de Contas de Galicia, no número 7 da rúa Domingo Fontán, Santiago de Compostela.

c) CPA: 812110.

Medio de publicación do anuncio de contratación: Diario Oficial de Galicia.

Data de publicación do anuncio de contratación: 30 de abril de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Valor estimado do contrato: 441.180 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 220.590 €. Importe total: 266.913,90 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 10.6.2014.

b) Data de formalización do contrato: 30.6.2014.

c) Contratista: Servicios de Seguridade Integral e Mantenementos A-1, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 187.099,20 €. Importe total: 226.390,03 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a proposición da empresa adxudicataria obtivo a máxima puntuación prevista para a valoración por aplicación das fórmulas e táboas de puntuación establecidas no PCAP.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2014

P.S. (Artigo 8.3 da Lei 6/1985)
Jesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia