Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2014 pola que se anuncia a licitación para a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de vixilancia e seguridade do Pazo de Amarante, sede do Consello Consultivo de Galicia, do Consello Económico e Social e do Consello Galego de Relacións Laborais.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consello Consultivo de Galicia.

1.2. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Consello Consultivo de Galicia.

1.3. Obtención de documentación e información:

1.3.1. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e de Persoal e Habilitación.

1.3.2. Enderezo: rúa Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela.

1.3.3. Teléfono: 981 55 21 10, fax: 981 58 33 15.

1.3.4. Correo electrónico: habilitacion@ccgalicia.es

1.3.5. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20990

1.3.6. Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

1.4. Número de expediente: CCG02/2014.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Tipo de contrato: servizo.

2.2. Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade do Pazo de Amarante.

2.3. Lugar e prazo de execución: os sinalados no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: a oferta máis vantaxosa segundo criterios de valoración detallados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento máximo de licitación: 90.960 €, máis 19.101,60 € de IVE.

Exercicio 2014: 3.790 €, máis 795,90 € de IVE.

Exercicio 2015: 45.480 €, máis 9.550,80 € de IVE.

Exercicio 2016: 41.690 €, máis 8.754,90 € de IVE.

5. Prazo de vixencia: dous anos, prorrogables a outros dous.

6. Garantías exixidas.

6.1. Provisional: non se exixe.

6.2. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

7.1. Clasificación: non se exixe.

7.2. Solvencia económica e financeira: a sinalada na cláusula 10.1.A) do prego de cláusulas administrativas.

7.3. Solvencia técnica ou profesional: a sinalada na cláusula 10.1.A) do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

8.1. Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, salvo que for inhábil, caso en que se prorrogará ao día hábil seguinte.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación:

8.3.1. Entidade: Rexistro Xeral do Consello Consultivo de Galicia.

8.3.2. Enderezo: rúa Algalia de Abaixo, 24.

8.3.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Dependencia: Secretaría Xeral do Consello Consultivo de Galicia.

9.2. Data: o décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura destas terá lugar no día hábil seguinte (acto público).

9.3. Hora: ás 10.15 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2014

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia