Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41221

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (107/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 107/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gabriel Varela Costa contra a empresa Proyectos Coruña, Montoya y Asociados, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que estimando a demanda formulada por Gabriel Varela Costa contra a empresa Proyectos Coruña, Montoya y Asociados, S.L., condeno a esta a lle aboar a cantidade de 10.782,80 euros brutos, que lle debe polos conceptos recollidos no relato de feitos probados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.65.0107.12, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0107.12, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Proyectos Coruña, Montoya y Asociados, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de agosto de 2014

O secretario xudicial