Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada do servizo de limpeza no CRD e CIFP Manuel Antonio de Vigo (expediente ED-04/14 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-04/14SE.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza no CRD e CIFP Manuel Antonio de Vigo.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: no CRD e CIFP de Vigo.

d) Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: si, dous anos.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 703.940,17 euros (IVE excluído). IVE: 147.827,44 euros, cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Importe total: 851.767,61 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación da empresa: grupo U, subgrupo 1, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 53/981 54 44 23.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21082

8. Presentación das ofertas:

a) Fecha límite de presentación: 6 de outubro de 2014 ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

2ª. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o día 10 de outubro de 2014 ás 10.00 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20 de agosto de 2014.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2014

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria