Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2014/37, 2-8173 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS, CT e RBT para subministración eléctrica a edificio avenida Terra Chá 39-43.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

– LMTS con orixe nun empalme na LMTS existente entre o CT Guitiriz e o CT Guntín e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3×240 mm2.

– CT en edificio non prefabricado cunha potencia proxectada de 1.260 kVA e unha potencia instalada de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.

– RBT formada por dous circuítos con orixe no CT proxectado e final nas CXps do edificio, cunha lonxitude de 80 metros, en condutor tipo RV 0.6/1 kV 3(1×240) AI.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 22 de agosto de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo